Guía de incorporación

Existen diversas organizacións e axentes que poden axudarche na definición e implantación dun proxecto agroecolóxico. Identificalos e entrar en contacto con eles é o primeiro paso para ver como poden apoiarte.

Algunas desas organizacións inclúen:

  • Entidades de aconsellamento
  • Oficinas Rurais
  • Axentes de emprego e desenvolvemento local
  • Grupos de Desenvolvemento Rural
  • O persoal técnico da Rede de Polos de Emprendemento Rural
  • Cooperativas agrarias
  • Organizacións profesionais agrarias
  • Técnicos locais de emprego
  • Cooperativas agrarias
  • Consellos reguladores 
  • Outras entidades de apoio ao emprendemento
  • Outros axentes

Como entidades de apoio ao emprendemento podes apoiarte nalgunhas coma a Fundación Juana de Vega, a Fundación Roberto Rivas ou a Fundación Ronsel, que teñen liñas de traballo específicas a nivel galego. A maiores, outras fundacións e entidades estatais traballan tamén a niveis máis locais, coma o caso da Fundación Daniel y Nina Carasso ou a Fundación Entretantos, que se ben non contan con unha sede en Galicia, colaboran en certos proxectos ao nivel da nosa comunidade e poden servirte de axuda en certos aspectos.

Ten en conta que cada unha destas entidades terá un rol máis o menos activo no apoio ao emprendemento segundo como sexa o teu proxecto. Se ves que a axuda que che ofrece unha entidade nun tema concreto non é suficiente ou non é o que buscabas, non desesperes! Outras entidades poden estar especializadas naquelo que buscas ou poden simplemente involucrarse dunha forma máis participativa e eficaz. 

Un bo inicio pode ser acceder á páxina web de XATemprego, que ofrece, entre outros servizos, un buscador de persoal técnico de emprego e desenvolvemento local.

Reflexiona sobre a túa idea de proxecto agrícola e/ou gandeiro. Hai un equilibrio entre as túas aspiracións e os teus recursos e capacidades? Por que queres incorporarte á agricultura? Que podes ofrecer? Cales son as túas necesidades agora? E nun futuro?

Dedícalle un tempo ao proceso de reflexión.

Algunhas veces tendemos a buscar respostas demasiado obvias, cando durante o proceso de reflexión poden aparecer novas ideas ou perspectivas. É moi interesante compartir as nosas ideas e reflexións, e escoitar enfoques de persoas que pasaran procesos semellantes ao noso. 

É necesario ter unha actitude flexible no modo de alcanzar os nosos obxectivos, e manter a mente aberta cara a problemas e solucións inesperados que poidan xurdir no proceso.

Coñecer os riscos e ter capacidade de asunción e actuación ante os mesmos é fundamental para manterse no proceso. 

Os coñecementos axeitados son clave para o éxito dunha nova actividade agraria. Formación e asesoramento son, polo tanto, aspectos a coidar, especialmente no comezo do proxecto. Existen certas fórmulas coma bolsas de formación, estadías de voluntariado ou mesmo traballos asalariados que permiten entrar en contacto por primeira vez co sector. Isto ademais pode axudar na primeira fase de reflexión, xa que moitas experiencias serven de inspiración e de exemplo daqueles aspectos que nun futuro queiran ou non abordarse.

Unha das primeiras preguntas a facerse é a forma de comercialización do produto: como, onde e a quen o vou vender?.
Existen varias formas de orientar a estratexia de comercialización e unha boa diferenciación comeza cun bo balance entre modelo agrogandeiro, produtos obtidos e canle de venta principal. Aínda que se di moitas veces que o máis importante é vender, outra máxima máis forte aínda é que ‘non se vende o que non se ten’!

O plan de negocio é unha folla de ruta que axuda ás persoas NE a tomar decisións informadas, planificar os investimentos e fluxos de caixa e facilita a adaptación aos cambios do mercado e ao entorno. As cousas ben seguro que non irán polo transcurso previsto no plan, máis o plan axudará a chegar mellor a destino. É importante dedicar tempo á elaboración do plan, xa que este é o primeiro dos investimentos necesarios para a creación da túa emrpesa.
Que produzo? Como? Que procesos e insumos preciso? Que man de obra e cando? Que cartos preciso e cando? Como me financio? Que normas teño que considerar? Que tramites?…
Sempre é bo ter un plan B.

En xeral, un plan de negocio ten a seguinte estrutura:

  1. Resumo executivo que sintetiza toda a información clave do proxecto.
  2. Estudo de mercado e estratexia comercial onde se analizan as tendencias do mercado, público obxectivo e competencia. 
  3. Proceso produtivo ou plan de operacións a implementar, lexislación, proveedores e recursos humanos necesarios. 
  4. Análise económica-financieira
  5. Análise estratéxica DAFO, que axuda a coñecer a situación do negocio e identificar áreas de mellora e oportunidades de crecemento.
  6. Aspectos legais e regulamentarios.

*Imaxe obtida de Cadernos Prácticos de Xestión: Como elaborar a análise DAFO – Xunta de Galicia

Para comezar unha actividade agraria unha persoa nova entrante ten, de xeito simplificado, dúas opcións básicas: comezar de cero e crear unha nova explotación ou ben incorporarse a unha explotación xa existente, sexa en solitario ou nalgún tipo de fórmula asociativa.
Unha vez definido o plan de incorporación e determinadas as necesidades de terra, a súa tipoloxía e zona preferida, pódese iniciar a procura de terreos.

Unha vez rematada a etapa de análise previa dos obxectivos, recursos dispoñibles e punto de partida, é o momento de botarlle mans á parte máis burocrática. 

Unha parte importante é a elección da forma xurídica, posto que nunha explotación a titularidade pode ser exercida por unha persoa física (tanto en titularidade única como en compartida), pero tamén por unha titularidade xurídica. No sector agrario, a titularidade compartida é un réxime especial a través do cal dúas persoas físicas poden exercer a actividade nunha mesma granxa. 

Antes de comezar a actividade produtiva é preciso levar a cabo unha serie de trámites administrativos previos á posta en marcha do proxecto produtivo que se poden agrupar en:

  • A alta na Seguridade Social das persoas traballadoras e da empresa como centro de traballo. 
  • A alta no censo de Actividades Económicas. 
  • Rexistros específicos de competencia autonómica e vinculados a a cada sector, sexa explotacións agrarias, gandeiras, ou industrias agroalimentarias. 
  • Rexistros sanitarios.
  • Licencias municipais de actividade. 

Tamén é imprescindible coñecer os trámites municipais, que son fundamentais para que a actividade se desenvolva de acordo coas normativas urbanísticas e locais.

 

No ámbito agrario e rural, as axudas máis importantes emanan da Política Agraria Común (PAC), que inclúen tanto as financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, coñecido como FEADER, como as axudas directas financiadas polo FEAGA, o Fondo Europeo Agrícola de Garantía. 

Pola súa complexidade, é imprescindible contar con persoal técnico de apoio á hora de solicitar ditas axudas, que poden formar parte de entidades de aconsellamento privadas, técnicos das oficinas rurais ou outro tipo de xestores especializados. 

Existen múltiples sitios web nos cales atopar información periodicamente sobre as posibles axudas axustables ao teu proxecto, a maiores das orixinarias da PAC. Algunhas delas son: 

No ámbito agrario e rural, as axudas máis importantes emanan da Política Agraria Común (PAC), que inclúen tanto as financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, coñecido como FEADER, como as axudas directas financiadas polo FEAGA, o Fondo Europeo Agrícola de Garantía. 

Pola súa complexidade, é imprescindible contar con persoal técnico de apoio á hora de solicitar ditas axudas, que poden formar parte de entidades de aconsellamento privadas, técnicos das oficinas rurais ou outro tipo de xestores especializados. 

Nos últimos anos, a solicitude das subvencións para persoas agricultoras mozas púidose facer, en Galicia, a través  da Sede Electrónica da Xunta de Galicia mediante o procedemento MR404A. Neste caso, está destinado a persoas de menos de 41 anos e pode variar entre 30.000€ e 70.000€ segundo o xénero da persoa incorporada, a localización da explotación, a orientación e se existe ou non titularidade compartida. 

No caso das axudas a novas ou novos entrantes, persoas agricultoras novas, que son aquelas que teñen entre 41 e 55 anos, a solicitude realízase a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia pero a través do procedemento con código MR404B, e oscila entre os 25.000€ e os 55.000€. 

As axudas concederanse pola execución do plan empresarial e de acordo co volume de gasto especificado neste. Exclúense achegas ao capital social, investimento de simple substitución, maquinaria de segunda man, custos de conservación e mantemento, maquinaria para transformación e comercialización de produtos agrarios ou forestais, maquinaria e equipamentos  forestais, e taxas, impostos e licenzas administrativas.

Neste último caso e para o ano 2024 os requisitos eran:

  • Idade. No momento de presentar a axuda é preciso ter entre 18 e 55 anos. Estes rangos poden sufrir modificacións en cada convocatoria.
  • Datas de publicación e prazos: As convocatorias adoitan publicarse a principios de ano e os prazos para a presentación das solicitudes poden variar de 1 a 3 meses, dependendo do ano. Isto require unha preparación exhaustiva previa da documentación necesaria, así como dos posibles requisitos e documentos que se prevé serán solicitados, baseándose nas convocatorias anteriores. Un documento crítico neste proceso é o Plan Empresarial, que deberá ser elaborado por personal técnico cualificado. É importante ter moi en conta os plazos requiridos en cada etapa e a dependencia de documentación con respecto doutras administracións ou  entidades como as licenzas de obra ou os permisos específicos (augas, urbanismo, subministro eléctrico etc.).
  • Compromiso de permanencia. É necesario manter a actividade por 5 anos desde o último pago, o que a efectos reais supón un compromiso de manter a actividade de aló menos 6 ou 7 anos.
  • Cumprir a condición de persoa agricultora profesional dentro dos 18 meses seguintes a data de instalación. Isto implica exercer a actividade agraria, asumir o risco que esta representa e que o 50% da renda total ten que proceder desta actividade. A xornada laboral debe estar dedicada á actividade agraria un mínimo da metade. Non cumprir esta condición é un incumprimento excluínte, co que se retira o 100% da axuda.
  • Renda unitaria de referencia. A explotación debe alcanzar, cando finalice o plan empresarial, unha renda unitaria de traballo igual ou superior ao 35% da renda de referencia anual (34.049,72€ en 2024).
  • Para poder optar a estas axudas debe xustificarse que o solicitante se instala e asume os riscos que supón esta actividade empresarial. No caso de que a persoa interesada figure na explotación como persoa física abonda con que teña o rexistro da actividade, como xustificante de que asume o risco de xestión que supón. Mentres, no caso das explotacións nas que se figure como persoa xurídica é preciso xustificar a participación da persoa que solicita a axuda. Deste xeito, a persoa solicitante debe ter un capital igual ou maior que a persoa que maior participación teña na explotación. Se non se cumpre, pode denegárselle a axuda. 
  • Para poder optar a estas axudas é preciso dispoñer dunha capacitación profesional da actividade agraria ou gandeira. Esta capacitación xustifícase acreditando algunha destas formacións:
    • Titulación académica tanto no caso de persoas agricultoras mozas e novas.
    • Curso de capacitación de 250 horas no caso de persoas agricultoras mozas.
    • Curso de 250 horas homologados no caso de persoas agricultoras mozas.
    • Posuír o nivel de capacitación profesional mínimo de 150 horas no caso de persoas agricultoras novas.

Os beneficiarios das axudas teñen un prazo de 24 meses para a execución das obras e a xustificación da axuda. As persoas beneficiaras das axudas poden solicitar unha ampliación de prazo que poder ser como máximo a metade deste e a solicitude debe facerse como máximo ata dous meses antes do remate do prazo de xustificación. 

 

Para comezar unha actividade agraria temos, de forma xeralizada, dúas formas de adentrarnos: pode ser que teñamos que buscar terras para implementar o noso proxecto, pero tamén pode haber unha explotación dispoñible para nós xa creada que poidamos adaptar ao noso proxecto e aos nosos gustos.

Podemos incorporarnos a unha explotación existente en solitario ou a través dalgunha forma asociativa, coa persoa titular ou con outra persoa alléa á explotación.

Nos seguintes apartados centrarémonos no primeiro dos casos, cando a busca de terras non leve aparellada unha explotación en funcionamento. Segue lendo nos seguintes apartados se tamén che interesa acceder a terras que poidan proceder dunha explotación existente. 

A incorporación a unha explotación existente ten vantaxes e inconvenientes en relación á creación dunha nova. Isto evita a fase de creación da mesma, e danos acceso a coñecemento e formación práctica así como á nosa integración no contexto sectorial e territorial. 

Unha ferramenta de busca de explotacións en cesión é o Banco de Explotacións do SITEGAL, que conta con un visor xeográfico onde se poden consultar as explotacións en cesión ou venta. Tamén podes atopar explotacións a través do escaparate da Bolsa Remuda da Consellería de Emprego, accedendo mediante a páxina web da Rede de Polos de Emprendemento.

Nos seguintes apartados abordaremos como acceder a terras con aptitude agraria.

 

Coñecer as diferentes fases nas cales se subdivide o proceso de acceso á terra permítenos identificar os elementos clave de forma máis clara e sistemática. Así, se coñecemos onde estamos será moito máis fácil saber ond precisamos de máis apoio. 

 

A grandes rasgos as principais etapas son a de caracterización das necesidades do noso proxecto, a busca das terras que máis se asemellen a esas necesidades, o acceso a negociación coas persoas propietarias da terra,  e a formalización da entrada á terra.

 

Aquí comeza o período de caracterización das necesidades do teu proxecto. É dicir, cales son as necesidades de terra para a nova actividade? Reflexiona sobre que cantidade de superficie precisas, a calidade do solo, a localización, as infraestruturas e servizos asociados

É importante madurar axeitadamente a idea de proxecto e de como os diferentes elementos do puzzle, e en particular a terra, teñen que estar en equilibrio e en liña coas expectativas, obxectivos, capacidades e limitantes da persoa nova entrante.

Deixarnos aconsellar por unha entidade de apoio con experiencia e coñecemento na materia é fundamental para o éxito da nosa empresa. As entidades de apoio asumen un rol determinado de acompañamento, que dependerá das súas capacidades e nivel de implicación.

Non te frustres se topas con unha entidade que non é quen  de axudarche ou darche a información que precisas. Quizáis esta entidade poida axudarche máis adiante no teu proceso de incorporación ou consolidación, pero podes seguir buscando apoios noutras!

Unha vez definidas as necesidades  iniciais e a medio-longo prazode terra, hai diferentes estratexias e ferramentas para buscar e seleccionar as terras necesarias.

De onde partimos?

  • Pode ser que, ben sexa porque as herdaches ou porque algún día tiveches a oportunidade de compralas, teñas terras en propiedade. Pero… sabes o que se pode facer en/con elas? Alinéase coa túa idea de negocio? Ou é mellor atopar unha base territorial distinta? Cal pode ser a finalidade das terras que temos é unha pregunta importante a facerse ao comezo, porque pode ocorrer que estas non sexan as máis acaídas para a actividade que queremos desenvolver!
  • E se non tes terras… onde e como as podes buscar? Será moito máis sinxelo buscalas se xa sabes cal será a orientación produtiva do teu negocio. Está claro: non precisaras terras de igual calidade nin en iguales dimensións se vas a producir castañas para transformalas a fariña que se vas a producir leitugas baby leaf.

Cando contamos con terras en herdanza hai unha compoñente afectiva que pode ter moito peso en certos casos. É importante plantexarse cales son as motivacións reais que nos levan a iniciar a actividade. Realmente a xestión directa pola nosa parte será a máis axeitada, ou sería preferible ceder as terras a persoas que as xestionen máis de acordo ás súas características? 

  • Busca de terras

O mercado de terras rústicas caracterízase pola súa opacidade e dificultade para acceder á información. Esta en moitos casos é só accesible a nivel local e mesmo só por parte dunhs poucas persoas. As ofertas «visibles» ou máis accesibles son unha parte pequena das terras potencialmete dispoñibles. Por iso, canto máis coñecemento e contactos teñas a nivel local, máis recursos poderás coñecer. Para isto, busca unha entidade de aconsellamento que saibas que ten contacto con axentes locais, sobre todo se ti non os tes. Hai entidades que traballarán ofrecéndoche información xenérica como inmobiliarias, axentes mediadores, pero tamén outros lugares típicos de información coma bares, taboleiros de anuncios de distintos espazos públicos, tendas de cooperativas, etc. Esta información pode ser de un grande valor, sobre todo cando descoñeces aqueles lugares onde che gustaría ter o teu negocio.

Debes saber que a integración nos fluxos de información e redes a nivel local é moi vantaxosa no proceso de instalación da túa actividade. Así, procurar terras a nivel local é unha oportunidade para introducirte nas redes sociais no contexto local e nas súas dinámicas. Esta será unha oportunidade para comezar e indagar a posible acollida da túa actividade na zona onde emprendas.

Tamén existen ferramentas en liña actualmente que dan información sobre terras terras dispoñibles, como pode ser o caso do noso visor, ou outros como o de Aterra, en donde podes atopar información de terras a nivel local, así como anunciar unha posible busca de terra nun lugar concreto. 

O acceso á terra pode materializarse a través de diversas vías. É importante reflexionar sobre puntos a favor e en contra de cada modalidade dispoñible, que son específicos para cada persoa e proxecto produtivo a desenvolver e contexto.

 

Normalmente, as vías máis comúns de acceso á terra son a herdanza, a compra ou o aluguer, sen volvidar as cesións e permutas. Inda que acceder a terras en propiedade poida ser unha das alternativas máis atractivas, son moitas as dificultades para adquirir un terreo se non se conta coas capacidades necesarias. Descubre outras opcións e como acceder a elas a través dos exemplos que te propoñemos. 

 

Sendo a confianza entre as partes un elemento fundamental para garantir a estabilidade no acceso á terra, cómpre reducir ao máximo os riscos de ruptura dos acordos. Os proxectos agrogandeiros son sempre a medio-longo prazo, esixen esforzo e na maioría dos casos certo nivel de investimento. É preciso protexer esta nova aposta con algún tipo de acordo formal que deslinde axeitadamente os deberes e dereitos das diferentes partes involucradas.

Cando menos, son tres os aspectos sobre os que incidir nesta fase:

  • As actuacións físicas que, de se-lo caso, son necesarias para acondicionar os terreos para a actividade que pretenda desenvolverse.
  • A normativa en vigor a considerar para a execución da actividade futura e/ou das actuacións de acondicionamento necesarias para levala a cabo.
  • Lembra sempre ter en conta as posibles axudas ás que optar para acometer os investimentos e melloras necesarias, así como outro tipo de incentivos que poidan ser excluíntes con respecto a outros. Dedicarlle certo tempo de estudo e valoración é sempre unha boa opción se queremos coidar como facemos as cousas.

Na maioría dos casos a conformación da base territorial é un proceso longo. Como persoa nova entrante, irás accedendo a terras de forma paulatina. Por ese motivo, o razoable é prever que, logo da fase de instalación na que o obxectivo é acadar a superficie suficiente para comezar, sexa necesario continuar aumentando a superficie da explotación. Se durante o proceso de busca as tuas opcións consideraban a expansión, á hora de reaxustar teralo máis fácil.

No caso de que non fora posible achegarte á opción máis ideal uns reaxustes poden ser os adecuados, e xa non só a nivel territorial, se non tamén a nivel de estratexia. 

Deixate aconsellar, visitando outras explotacións de características similares á túa, falando con axentes do territorio, con persoal técnico das administracións, de sindicatos… toda axuda e boa, e guiarate cara á mellor opción para ti. 

Descubre o que poden facer por ti!

A nivel da propiedade privada individual, a realidade fragmentada do territorio galego que tradicionalmente se ten visto como un atranco, ten aspectos tanto positivos como negativos á hora de facilitar a incorporación das NE. 

Noutras zonas a terra agraria concéntrase en relativamente moitas menos mans, polo xeral nas de agricultores/as en activo e sobre todo nas de quen contan con maior base territorial, polo que a oferta de terras é máis ríxida e, de existir, adoita ter unha demanda mellor posicionada para acceder a ela, tanto a nivel económico como de relacións persoais –sexa por sucesión familiar ou outros agricultores veciños-. A realidade galega ofrece moitas máis opcións do lado da oferta de terras, con moitas persoas propietarias non produtoras que potencialmente poden estar dispostas ou interesadas en ceder as súas terras (por algunha vía), o cal entra en combinación con dinámicas de abandono de parcelas en moitas zonas de Galicia, síntoma, entre outras circunstancias, de pouca competencia do lado da demanda.

Para facernos unha idea, cada persoa propietaria posúe na nosa comunidade arredor de seis parcelas que suman un total de 1,2 hectáreas (é dicir, pouco máis de 0,2 ha por parcela). Ademais, un terzo delas posúen só unha parcela, e máis da metade só tres ou menos. Esta é a demostración cuantitativa do xa tópico minifundismo presente no país. Como resultado desta fragmentación, en máis dun 70% dos concellos galegos, o número de titulares catastrais supera ao de residentes.

Os montes comunais, que tamén son unha forma de propiedade privada pero colectiva, supoñen un cuarto da superficie total de Galicia, e están xestionados polas comunidades veciñais de cada monte, que ascenden a un total de 2.800. 

A grandes rasgos, na nosa comunidade as posibilidades de acceder a unha parcela inclúen: 

  • Compra-venda. O mercado de terras está en aumento na nosa comunidade, sobre todo nas provincias de A Coruña e Lugo, o cal pode ser unha oportunidade ao incentivar aos propietarios a manter dito movemento. 
  • Arrendamentos e cesións. Na actualidade, só un 41% da Superficie Agrícola Utilizada en Galicia é propiedade das explotacións que a xestionan (un 52% en España), réxime especialmente preferido no caso das explotacións máis grandes, que chegan a ter en arrendamento ata un 70% da súa SAU. Os mecanismos de cesión temporal do uso están plenamente asentados e son xa o medio principal de acceso á terra para as explotacións agrarias galegas. Este feito semella positivo para favorecer o acceso á terra ás persoas NE, na medida en que o arrendamento se presenta como unha vía prioritaria.
  • Banco de Terras de Galicia. Inda que so xestione un 1% da superficie galega, este instrumento nas que conta con parcelas, que ademais tenden a concentrarse, polo de agora, nas parroquias nas que se teñen executado procesos parcelaria.

 

 

Na Reserva da Biosfera existen diversas organizacións e axentes que poden axudarche na posta en marcha dunha granxa avícola artesanal. Dende o GDR das Mariñas ata as Oficinas Rurais da Consellería do Medio Rural, Polos de Emprendemento Rural, entidades de aconsellamento, técnicos locais de emprego, cooperativas, asociacións de criadores…. Todos eles poden ofrecerche algo de utilidade.

En concreto no sector avícola podes apoiarte en entidades como: 

  • Vendedores de aves ecolóxicas. 
  • Criadores con dispoñibilidade de exemplares de Galiña de Mos
  • Envasadores de ovo ecolóxico
  • Matadoiros con liña de sacrificio en ecolóxico

Se chegaches ata este punto quizáis xa teñas reflexionado que o teu proxecto vaia involucrar a avicultura artesana e/ou ecolóxica. Esta ofrece infinidade de opcións: a cría e reprodución de aves, produción de ovos… Así e todo, asegúrate de que haxa un equilibrio entre as túas aspiracións e os teus recursos e capacidades!

Por que queres incorporarte á agricultura? Que podes ofrecer? Cales son as túas necesidades agora? E nun futuro?

Os coñecementos axeitados son clave para o éxito dunha nova actividade agraria. Formación e asesoramento son aspectos a coidar, especialmente nos comezos.

Explora que opcións presenciais, semipresenciais ou telemáticas te poden introducir na avicultura artesanal, dende o CFEA de Guísamo a recursos online. Aquí tes algunhas que poden ser do teu interese: 

 

Non só a túa formación é importante: os coñecementos adecuados e suficientes das persoas que traballen contigo e/ou para ti serán cruciais no desenvolvemento das actividades que sexan necesarias. Por iso, unha parte imprescindible da formación á hora de traballar con animais é aquela relacionada co benestar animal.

Existen, doutra banda, certas fórmulas coma bolsas de formación, estadías de voluntariado ou mesmo traballos asalariados que permiten entrar en contacto por primeira vez co sector.

Unha das primeiras preguntas a facerse é a forma de comercialización do produto: como, onde e a quen o vou vender os ovos e/ou a carne?.
Na avicultura artesanal a produción é cativa, pero diferenciada e de calidade. A Reserva da Biosfera é un bo territorio para desenvolver circuitos curtos de comercialización e obter un bo valor engadido, e coa súa marca propia. Aínda que se di moitas veces que o máis importante é vender, outra máxima máis forte aínda é que ‘non se vende o que non se ten’!

O plan de negocio é unha folla de ruta que axuda ás persoas NE a tomar decisións informadas, planificar os investimentos e fluxos de caixa e facilita a adaptación aos cambios do mercado e ao entorno. As cousas ben seguro que non irán polo transcurso previsto no plan, máis o plan axudará a chegar mellor a destino.

Que produzo?

Como?

Que procesos e insumos preciso?

Que man de obra e cando?

Que cartos preciso e cando?

Como me financio?

Que normas teño que considerar?

Que tramites?…

Sempre é bo ter un plan B.

Unha boa forma de orientación inclúe os requerimentos para as solicitudes das axudas de incorporación. Neste caso, para a elaboración do plan de negocio, os requisitos mínimos son: 

  • Unha descrición da situación inicial da explotación agraria, indicando as fases e os obxectivos concretos de desenvolvemento das actividades da nova explotación.
  • Unha descrición da situación unha vez realizado o plan de empresa, incluíndo, polo menos, os seguintes datos:
    • Superficie da explotación, especificando a superficie dos distintos cultivos, e cabezas de gando, por especies, e rendementos medios de cada actividade produtiva.
    • Maquinaria, equipamentos, melloras territoriais e edificacións.
    • Composición e dedicación da man de obra.
    • Plan de produción, que incluirá información relativa á produción bruta de cada actividade produtiva, aos gastos de cada actividade produtiva e gastos fixos do conxunto da explotación.
    • Análise económica do proxecto. Esta análise incluirá: previsións económicas, estrutura de financiamento e rendibilidade.
    • Actuacións que se van realizar.
  • Un plan de investimentos (información detallada sobre investimentos e prazos), se é o caso, en que se indiquen as melloras que se van realizar, establecendo o seu impacto no cambio climático (emisións de gases efecto invernadoiro, capacidade de adaptación), que inclúa medidas de aforro e eficiencia enerxética, consumo auga eficiente, etc., e no cal figure un estudo de impacto ambiental, no caso de que a normativa europea-estatal-autonómica así o require, prestando especial atención aos posibles impactos nas zonas incluídas na Rede Natura 2000.
  • Información detallada, se é o caso, sobre formación, asesoramento ou calquera outra medida necesaria para desenvolver as actividades da explotación agraria, incluíndo as relacionadas coa sustentabilidade ambiental e a eficiencia dos recursos.

Para comezar coa actividade hai dúas opcións básicas: comezar de cero e crear unha nova granxa avícola ou ben incorporarse ou coller unha explotación xa existente, sexa en solitario ou nalgún tipo de fórmula asociativa.

Para crear unha nova granxa avícola, aínda que sexa artesanal, hai certas normas en relación a distancias a respectar, tamaño mínimo da parcela, servizos a asegurar… É convinte ter isto en conta cando se busca localización para o futuro galiñeiro.

A produción agraria e en particular a avícola está rexida por diversas normas que delimitan moitos aspectos da mesma. Materias como sanidade e benestar animal, urbanismo, afeccións sectoriais, réxime laboral e fiscal, comercialización, axudas, etc., veñen marcadas por diferente normativa e trámites que é preciso comprender. 

Moitas das persoas de recente incorporación sinalan a carga burocrática como unha das principais barreiras para seu asentamento; e por isto é moi recomendable facer unha planificación previa meticulosa e contar con asesoramento externo para non verse superado na xestión.

Comezar o proxecto precisa de financiamiento bastante antes de comercializar o primeiro ovo. Unha vez cuantificado canto, e sendo o máis realista posible, chega o momento de xuntar o diñeiro suficiente. Aforros, préstamos, axudas…, diversas fontes para asegurar un comezo firme e solvente.

Na Reserva da Biosfera existen diversas organizacións e axentes que poden axudarche na posta en marcha dunha granxa avícola artesanal. Dende o GDR das Mariñas ata as Oficinas Rurais, Polos de Emprendemento Rural, entidades de aconsellamento, técnicos locais de emprego, cooperativas…. Todos eles poden ofrecerche algo de utilidade. Consúltanos!

Reflexiona sobre a túa idea de proxecto agrícola e/ou gandeiro.

  • Hai un equilibrio entre as túas aspiracións e os teus recursos e capacidades?
  • Por que queres incorporarte á agricultura?
  • Que podes ofrecer?
  • Cales son as túas necesidades agora? E nun futuro?

É necesario xerar unhas pautas para madurar o teu punto de partida e poñémoste na pista de quen pode axudarche a facer esta reflexión.

Os coñecementos axeitados son clave para o éxito dunha nova actividade agraria. Formación e asesoramento son, polo tanto, aspectos a coidar, especialmente no comezo do proxecto. Existen certas fórmulas coma bolsas de formación, estadías de voluntariado ou mesmo traballos asalariados que permiten entrar en contacto por primeira vez co sector. Isto ademais pode axudar na primeira fase de reflexión, xa que moitas experiencias serven de inspiración e de exemplo daqueles aspectos que nun futuro queiran ou non abordarse. 
Unha das primeiras preguntas a facerse é a forma de comercialización do produto: como, onde e a quen o vou vender?.
Existen varias formas de orientar a estratexia de comercialización e unha boa diferenciación comeza cun bo balance entre modelo agrogandeiro, produtos obtidos e canle de venta principal. Aínda que se di moitas veces que o máis importante é vender, outra máxima máis forte aínda é que ‘non se vende o que non se ten’!

O plan de negocio é unha folla de ruta que axuda ás persoas NE a tomar decisións informadas, planificar os investimentos e fluxos de caixa e facilita a adaptación aos cambios do mercado e ao entorno. As cousas ben seguro que non irán polo transcurso previsto no plan, máis o plan axudará a chegar mellor a destino.

Que produzo?

Como?

Que procesos e insumos preciso?

Que man de obra e cando?

Que cartos preciso e cando?

Como me financio?

Que normas teño que considerar?

Que tramites?…

Sempre é bo ter un plan B.

 

Unha boa forma de orientación inclúe os requerimentos para as solicitudes das axudas de incorporación. Neste caso, para a elaboración do plan de negocio, os requisitos mínimos son: 

  • Unha descrición da situación inicial da explotación agraria, indicando as fases e os obxectivos concretos de desenvolvemento das actividades da nova explotación.
  • Unha descrición da situación unha vez realizado o plan de empresa, incluíndo, polo menos, os seguintes datos:
    • Superficie da explotación, especificando a superficie dos distintos cultivos, e cabezas de gando, por especies, e rendementos medios de cada actividade produtiva.
    • Maquinaria, equipamentos, melloras territoriais e edificacións.
    • Composición e dedicación da man de obra.
    • Plan de produción, que incluirá información relativa á produción bruta de cada actividade produtiva, aos gastos de cada actividade produtiva e gastos fixos do conxunto da explotación.
    • Análise económica do proxecto. Esta análise incluirá: previsións económicas, estrutura de financiamento e rendibilidade.
    • Actuacións que se van realizar.
  • Un plan de investimentos (información detallada sobre investimentos e prazos), se é o caso, en que se indiquen as melloras que se van realizar, establecendo o seu impacto no cambio climático (emisións de gases efecto invernadoiro, capacidade de adaptación), que inclúa medidas de aforro e eficiencia enerxética, consumo auga eficiente, etc., e no cal figure un estudo de impacto ambiental, no caso de que a normativa europea-estatal-autonómica así o require, prestando especial atención aos posibles impactos nas zonas incluídas na Rede Natura 2000.
  • Información detallada, se é o caso, sobre formación, asesoramento ou calquera outra medida necesaria para desenvolver as actividades da explotación agraria, incluíndo as relacionadas coa sustentabilidade ambiental e a eficiencia dos recursos.
Que produzo?, como, que procesos e insumos preciso?, que man de obra e cando? Que cartos preciso e cando? Como me financio? Que normas teño que considerar? Que tramites?…
Sempre é bo ter un plan B.
Para comezar unha actividade agraria unha persoa nova entrante ten, de xeito simplificado, dúas opcións básicas: comezar de cero e crear unha nova explotación ou ben incorporarse a unha explotación xa existente, sexa en solitario ou nalgún tipo de fórmula asociativa.
Unha vez definido o plan de incorporación e determinadas as necesidades de terra, a súa tipoloxía e zona preferida, pódese iniciar a procura de terreos.

A produción agraria e en particular a avícola está rexida por diversas normas que delimitan moitos aspectos da mesma. Materias como sanidade e benestar animal, urbanismo, afeccións sectoriais, réxime laboral e fiscal, comercialización, axudas, etc., veñen marcadas por diferente normativa e trámites que é preciso comprender. 

Moitas das persoas de recente incorporación sinalan a carga burocrática como unha das principais barreiras para seu asentamento; e por isto é moi recomendable facer unha planificación previa meticulosa e contar con asesoramento externo para non verse superado na xestión.

No ámbito agrario e rural, as axudas máis importantes emanan da Política Agraria Común (PAC), que inclúen tanto as financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, coñecido como FEADER, como as axudas directas financiadas polo FEAGA, o Fondo Europeo Agrícola de Garantía. 

Pola súa complexidade, é imprescindible contar con persoal técnico de apoio á hora de solicitar ditas axudas, que poden formar parte de entidades de aconsellamento privadas, técnicos das oficinas rurais ou outro tipo de xestores especializados. 

Existen múltiples sitios web nos cales atopar información periodicamente sobre as posibles axudas axustables ao teu proxecto, a maiores das orixinarias da PAC. Algunhas delas son: 

Se queres estudar de forma máis detallada como idear un negocio agrícola e non morrer no intento, pero to(oooooooo)das as ideas que che dimos ata agora non foron suficientes, podes complementar a información a través das guías desenvoltas no proxecto Terractiva no que colaboramos. Deforma xeralizada, creamos esta guía xeral de acceso ao sector que, inda que estea especialmente deseñada para o persoal de apoio que traballa con persoas novas entrantes, tamén ti podes facer uso dela para algunha etapa do teu proxecto.

De xeito específico creouse tamén unha guía que describe o proceso de acompañamento a distintos niveis que, como ben indica o seu nome, está centrada no apoio na busca e caracterización de terras e todos os procedementos a esta vencellados.

Se tes en mente o apoio a unha explotación avícola ou queres entrar no sector a través da avicultura, estás de sorte. A través desta guía específica de apoio no sector avícola poderás coñecer de forma específica a entrada no sector a nivel local, así como outros recursos válidos para territorios distintos ao noso. 

Existen multitude de entidades traballando no apoio ás persoas que, coma ti, queren dar un pulo ao sector agrario e á nosa soberanía alimentaria. Aquí tes máis exemplos!

Para máis  podes consultar o directorio de experiencias inspirado que redactamos tamén dende Terractiva. 

Scroll al inicio