Entrevistamos a Miguel Roig, un dos novos entrantes no sector agroalimentario cuxa experiencia podes coñecer a través do proxecto Terractiva, que chegou ao sector galego dende o industrial, para apostar pola permacultura como vehículo de produción agrícola ao servizo da cidade da Coruña. Así naceu Os Biosbardos, un proxecto de agricultura ecolóxica fundamentado na permacultura e que fornece unha rede de empresas sensibilizadas social e ambientalmente e a múltiples niveis.
Miguel correspóndese á perfección co perfil de novo entrante que se vén describindo no resto do continente: alguén quen, sen experiencia nin vinculación previa no sector e de orixe urbana, decidiu converter unha inquietude pola terra na súa profesión, aportando os seus coñecementos para mellorar o seu día a día e ofrecer solucións a problemas cotidianos ao resto de agricultores.