A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo abrangue un total de 116.724 ha repartidas en 17 concellos da provincia da Coruña. A súa creación ten como principal obxectivo o desenvolmento do territorio, das súas empresas e dos seus produtos, mediante marcas de calidade, recuperación de actividades tradicionais, oportunidades de emprego e formación, iniciativas turísticas, conservación dos recursos medioambientais e outros proxectos.