Experiencias inspiradoras
Descubre a historia doutras persoas que se incorporan á agricultura

Charline Ducottet
Entrevistamos a Charline, francesa de nacemento, que chegou a Galicia hai xa máis de dous anos e non dubidou en formar parte do conxunto de novas e novos entrantes do sector agroalimentario galego.

Miguel Roig
Os Biosbardos: un proxecto de agricultura ecolóxica fundamentado na permacultura que fornece unha rede de empresas sensibilizadas social e ambientalmente e a múltiples niveis.

Amanda López
Amanda López leva dez anos en Vilalba, oito asentada na parroquia de Goiriz. Nestes momentos adícase principalmente á produción de fresas e plantas aromáticas con manexo ecológico, e comercializa os seus produtos bajo o paraguas da asociación A Estruga.

Antonio Tucci e Paula Jarque
Antonio Tucci e Paula Jarque chegaron a Galicia na busca dun entorno no que poder levar a cabo a súa propia ganadería caprina un moi bo exemplo de novos entrantes. No seu caso, crearon a Gandería Val de Conso, no concello ourensán de Vilariño de Conso, onde teñen 150 cabras para a xestión dunhas 180 hectáreas.

Labrecos SCG
Labrecos é unha cooperativa formada por Raquel e o seu marido Aitor e cuñado Iván. Producen eminentemente hortalizas e verduras baixo principios de agricultura ecolóxica e rexenerativa, inda que tamén a combinan coa produción animal a menor escala. Se queres coñecer máis sobre Labrecos e como foi comezar no sector, non te perdas o vídeo da ligazón de abaixo!

María Jesús Crespo
María Jesús compaxina o seu traballo no sector da sanidade co coidado das súas ovellas en Aranga. Dende que se mudou de Santiago, sinte a responsabilidade de coidar o medio coa súa actividade, xestionando as terras próximas á casa e, como ela mesma di, sempre rompendo a cabeza con algo. Escoitaa no seguinte vídeo.

Susa Rúa, Sergio Sotelo e Carlos Malvido
A cooperativa A Meixoeira fíxose cunha explotación cerca dun monte próximo ao Concello de Moaña. Apostaron por resucitar unha antigua nave na que agora teñen 200 cabras de raza murciano-granadina, onde transforman o leite en queixos e outros produtos lácteos que xa contan con varios premios internacionais. A súa intención é seguir crecendo ata chegar aos 300 animais e continuar coa súa produción artesanal de leite de cabra.