Antonio Tucci e Paula Jarque chegaron a Galicia despois de «dar tumbos» como eles mesmos din pola península na busca dun entorno no que poder levar a cabo a súa propia ganadería caprina. Constitúen un exemplo deses novos entrantes que se incorporan dende outros sectores, inda que non moi alonxados do agrario. Crearon a Gandería Val de Conso, no concello ourensán de Vilariño de Conso, onde teñen 150 cabras nunhas 180 hectáreas. A agricultura rexenerativa e o ecoloxismo son as bases do seu manexo, ademais de lidiar coa fauna salvaxe e outros problemas.
Trátase dun proxecto gandeiro en vías da certificación ecolóxica, que aplica os principios da agricultura rexenerativa. Pastorean as cabras, lévanas aos rediles, e durmen na nave todos os días, ademáis de agrupar os partos na primavera, que é cando máis alimento teñen dispoñible.