Incorpórate ás Mariñas
Terractiva é un grupo operativo que busca a mellora das capacidades técnicas e a xeración de recursos para potenciar o apoio aos novos entrantes no proceso de incorporación á agricultura.
SOBRE O PROXECTO
Iniciar un proxecto agrario
A agricultura ofrece moitas oportunidades laboráis e vitais. Incorporarse á agricultura é un proxecto ilusionante, mais non exento de retos. Dende o GDR das Mariñas podemos apoiarte a definir o teu plan e a identificar os recursos necesarios para poñelo a andar.
Por onde comezar
Reserva Mariñas Betanzos
A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, que abrangue 17 concellos da provincia da Coruña, é un territorio de oportunidades para iniciar unha actividade agroecolóxica, apostar por produtos de calidade e impulsar o sistema alimentario local.
O camiño da incorporación na agroecoloxía
Iniciar unha nova actividade na agroecoloxía é un proceso con varias etapas e dimensións. Dende a Reserva das Mariñas apoiámoste para facer do teu proxecto unha realidade.
Recursos do territorio
Un proxecto agrario precisa de diversos recursos. Coñecer onde atopalos no territorio é o primeiro paso para acceder a eles.